Hoxe en galego

1
347

Fai dous anos que vivo en Compostela. E polo de agora, non estou a pensar en saír. Tampoco o fixen en 2012 cando, en só unha semana, deixei Madrid, a cidade sen fin da que sempre estarei namorado, o meu refuxio por sete anos, xustos os da miña primeira xuventude, que non será a derradeira. 

 

 

Fai dous anos que vivo en Compostela. E polo de agora, non estou a pensar en saír. Tampouco o fixen en 2012 cando, en só unha semana, deixei Madrid, a cidade sen fin da que sempre estarei namorado, o meu refuxio por sete anos, xustos os da miña primeira xuventude, que non será a derradeira. Mais Santiago non é sempre un lugar doado. Aínda que a praza do Obradoiro e o seu casco vello é acolledor mesmo con paraugas e aínda que adoro o seu café, o seu polbo á grella, a sua tortilla de patacas, o seus parques e moitas mais cousas, en algúns momentos, cada vez menos, foi un cárcere de soidade e dúbidas onde a choiva converteuse en reixas e o ceo gris a poucos metros da cabeza, na peor das sentenzas. Co tempo, as cidades a miúdo rematan por conquistarme. Amo a miña Salamanca, meu berce onde sempre retorno, que lembro e nunca esquezo. Mais hoxe é festa na capital da Galicia, a Ascensión. E é a primeira vez –con algunhas consultas– que escribo en galego. Ninguén me ensinou.

1 COMENTARIO

  1. Es que vales «pa tó» , no hay
    Es que vales «pa tó» , no hay lengua que se te resista, fantastico post socio

Comments are closed.